A accesibilidade na primeira reunión do ano de Anpas Galegas
Este venres, 9 de xaneiro, asistimos a unha reunión extraordinaria de Xunta Directiva en Santiago de Compostela para continuar coa elaboración da Campaña de Accesibilidade. Estamos na etapa en que as distintas federacións de ANPAs integradas na Confederación de Anpas Galegas continuamos aportando os criterios de accesibilidade no que definamos as características físicas e organizativas dun centro educativo xenérico galego, a fin de responder ás necesidades do alumnado e tendo en conta que non podemos referirnos a un centro ou localidade concreta. Do mesmo xeito que elaboramos o cuestionario co grado de accesibilidade, debemos ter en conta os indicadores da inclusión.