ANPAS GALEGAS e directores dos centros educativos responsabilizan á consellería de Educación de improvisación.
A Confederación ANPAS GALEGAS denuncia a falta de planificación da Xunta, insuficiente persoal que atenda ao alumnado nos comedores e instalacións escolares vellas ou non adaptadas a un servizo de comedor.
A Consellería de Educación resposta que estará vixiante ante o que denomina como “pequenos desaxustes” das adxudicatarias dos comedores ao sistema. Unha xustificación que non convence ás ANPAs GALEGAS.
Xa con data de 18 de marzo de 2.013, un escrito presentado por ANPAs GALEGAS ao titular da consellaría de Educación da Xunta de Galicia, expresaba que a nosa confederación concibía os comedores como un servizo do ámbito escolar que debe ser asumido dende os presupostos da Comunidade Autónoma, como se asumen os custos da educación obrigatoria. No documento (ESCRITO DENUNCIA COMEDORES) rexeitábase a normativa imposta polo goberno da Xunta “ porque non só non avanza senón que retrocede na universalización deste servizo.”
Na anterior ligazón, subimos un resumo da intervención do presidente da confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez (na imaxe da SER, segundo pola esquerda) no programa O coruñés opina da Cadena Ser
Impresentable que non acuda ninguén da consellería a debatir cos afectados.