Anpas Galegas no espazo informativo O Preguntoiro
O vicepresidente da Confederación de Anpas Galegas, Fernando Lacaci, foi entrevistado no programa Preguntoiro do Correo Televisión, programa dirixido e presentado por Inés Dopazo.
Nesta entrevista falouse, entre outros temas, da LOMCE, dos comedores escolares, do sistema de préstamo universal de libros,…
Explica Lacaci que a Confederación de Anpas Galegas traballa no eido educativo dun xeito global, atendendo á realidade galega, e que quere estar presente en todos aqueles foros e órganos para loitar na Defensa do Ensino Público.
Anpas Galegas defende o ensino público, mais non calquera concepción del; para a nosa confederación o ensino público non pode estar suxeito a calquera interpretación, nin pode deixar de definirse en consonancia coa contorna socio-económica; polo tanto e como puntualiza na entrevista o voceiro de Anpas Galegas, defendemos un Ensino Público Galego de Calidade, Gratuíto, Descentralizado, Laico, Inclusivo,…