75% do alumnado galego secundou unha nova folga contra a LOMCE
Arredor dun 75% do alumnado de Bacharelato de todo o país secundou a folga estudantil de hoxe convocada contra a LOMCE.
Sinalan os sindicatos galegos de estudantes que esta mobilización, xunto ao seguimento da folga nun 75%, amosa o amplo rexeitamento da mocidade galega á retrógrada reforma educativa do Partido Popular e á súa política de recortes.
En número de estudantes, podemos sinalar que 7.500 deles participaron das mobilizacións que se produciron nas sete cidades galegas e en máis de vinte cabeceiras de comarca de todo o País.
Esta folga, convocada polos colectivos galegos de estudantes, amosa o alto grao de rexeitamento que ten a LOMCE en toda a comunidade educativa, e a conciencia de que o Ensino ten que ser Público, Galego, de Calidade, Laico, Inclusivo, Descentralizado, Conciliador, Profesional, Útil, Normativizado, Adaptado e Gratuíto.
Clica na ligazón para comprobar os datos das diversas localidades.