Reunión do 7 de febreiro sobre os recortes en Educación
O venres 7 de febreiro, a Confederación de Anpas Galegas mantivo unha reunión en Santiago de Compostela onde se ratificou, por unanimidade, o seu órgano de goberno e as vogalías da confederación.
Nesta xuntanza analizamos a difícil situación que deixa nas familias os múltiples recortes educativos, sobre todo naquelas máis necesitadas dun mellor e máis equitativo Ensino Público Galego. Estes recortes contribúen a que os efectos da crise económica incidan aínda máis nas clases sociais máis desfavorecidas .
A confederación considera que o dereito fundamental á educación esixe que se dean determinadas condicións e que lle corresponde ás administracións públicas garantir o seu cumprimento.
Por iso, en vindeiras datas, Anpas Galegas solicitará a toma de medidas específicas que permitan situar ao alumnado nunha posición de igualdade no seu dereito á educación.