As concentracións a prol da gratuidade dos libros de texto e o material escolar en imaxes
A Confederación Anpas Galegas organizou varias concentracións expansivas ao longo de todo o País. En Compostela, Vigo, Lugo, Ferrol, Cangas, Ponteareas, Vilalba, Mos, Redondela, Cee ou Carballo tiveron lugar as concentracións para protestar polo inxusto cambio de criterio no préstamo de libros de texto. En Anpas Galegas afirmamos que o Ensino Público Galego é unha realidade imprescindible na nosa vida, é a garantía de que as nosas fillas e fillos teñan futuro, e que todas e todos o teñan nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos.
Denunciamos que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a eles. Por iso, queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto como explica o presidente da nosa confederación no programa de radio da COPE (minuto 20.59 en adiante).