Participación de Anpas Galegas no programa de debate da SER A Coruña
Participaron Fernando Lacaci, en representación da Confederación Anpas Galegas, a maior confederación de ANPAs existente en Galicia; Suso Bermello, do sindicato maioritario de educación en Galicia, CIG-Ensino; María José Piñeiro, da ANPA Sagrada Familia da Coruña; Helena Gómez, representante de CONFAPA en Galicia e Rafael Rodríguez da asociación provincial de equipos directivos de colexios públicos.
Previamente preséntase unha grabación do Director Xeral de Centros da consellería de Educación, JM Pinal.
A confederación Anpas Galegas reitera que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a libros de texto. Por iso, queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar e iniciamos unha campaña para que a consellaría de Educación da Xunta de Galicia volte ao necesario sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.
Iso de non participar no debate en tempo real di moito dos nosos xestores “educativos”.
Todos cortados polo mesmo patrón: traballan coa pantalla de plasma.