ANPAS GALEGAS demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade
SR CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Anda estes días na prensa un caso de excepcional dureza: unha nai que ten que reclamar a atención educativa domiciliaria para o seu fillo enfermo de cancro; semella que a dureza á que nos referimos é o cancro que padece o rapaz, máis non, a dureza está na necesidade de ter que reclamarmos aquilo que constitúe un dereito e máis aínda cando o suxeito deste dereito é un neno.
A propia normativa da Xunta de Galicia establece que “a atención educativa domiciliaria terá como finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que curse ensinanzas de réxime xeral en modalidade presencial en centros sostidos con fondos públicos e que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo”.
Queremos presentar unhas simples preguntas:
- Como se garante esta continuidade cunha atención de catro horas á semana?
- Que continuidade terá ese proceso formativo cando este neno se incorpore novamente ao ritmo normal da súa idade con esa exigua formación?
- Non abondará coa dificultade de readaptación á vida ordinaria logo dunha tal experiencia, como para por riba incrementala con problemas formativos que poderían ter sido resoltos doadamente pola administración educativa?
A atención educativa domiciliaria é unha conquista da demanda social, cunha moi marcada participación da Federación Olívica de ANPAs, unha das socias fundadoras da nosa Confederación, que deberiamos dar por consolidada. Porén, neste momento, dende as asociacións que nos xuntan ás familias para defender o Ensino Público, que é tanto como defender o futuro da xuventude e polo tanto de todo o País, observamos sistematicamente como é necesario xerar unha alarma social para que exista unha reacción da administración educativa.
Está sendo preciso que as familias que están a pasar por unha situación de especial necesidade presenten a súa cara máis íntima ao público para que esa consellería responda, e aínda así non sempre atendendo aos dereitos que se lle esixen. E isto non debería mudar? Non sería máis axeitado establecer protocolos de obrigatorio cumprimento para todos, que outorgasen seguridade xurídica á nosa vida común?
Sr. conselleiro, a cobertura das necesidades educativas do alumnado, de calquera nena ou neno pero máis aínda para os que cumpren os requisitos para a atención domiciliaria, non pode ser obxecto de propaganda, nin andar ao vaivén das demandas mediáticas. Dende a Confederación Anpas Galegas pedimos un tratamento serio, reservado e eficaz para estas circunstancias, e a salvagarda de todos os dereitos que posúen estas familias e estes escolares.
Como diciamos ao principio, temos agora mesmo un caso urxente enriba da mesa, o de Hadrián, un pequeno de Malpica que atraeu a atención informativa porque a súa familia se nega, con toda a razón, a aceptar unha atención insuficiente.
Solicitamos que se resolva este caso, por suposto e dun xeito inmediato, pero non podemos deixar pasar a oportunidade sen recomendar que se normalicen estas situacións, que exista normativa claramente aplicable, sen físgoas que a fagan confusa. E tamén que exista, e se demostre, unha vontade real por parte desa administración para que estas circunstancias se resolvan administrativamente, no xogo normalizado da esixencia e a satisfacción dos dereitos que todos posuímos, e non a través da exposición pública; exposición á que nós tampouco renunciamos nas actuais circunstancias, pero que desexariamos que desaparecera da xestión da educación pública galega.
Aproveitamos a ocasión para ofrecer tamén a nosa colaboración neste eido, colaboración que desexamos concretar nunha reunión específica sobre a problemática da enfermidade e o ensino, de como entendemos que se poden organizar os medios para que o dereito á educación permaneza por riba das dificultades que a falta de saúde ás veces ocasiona.
Ficamos na agarda da súa convocatoria.
Compostela, 10 de outubro de 2015
Creo que es urgente resolver este tema. Todos los que hemos estado este curso pasado tratando a nuestros hijos en el materno de a Coruña por algún tumor teníamos el mismo problema:ningún profesor para nuestros hijos, simplemente una coordinadora que media entre la familia y el colegio, y que actualmente poca falta hace debido a la comunicación electronica, pero que si debe emitir un informe ( creo que mensual) sobre la evolución del niño en el aspecto escolar.
Yo me alegro mucho que Hadrian y su madre Nieves ( a los que conozco personalmente), hayan dado el paso. Yo lo pensé muchas veces, pero bastante lío tienes con la quimioterapia, las consultas médicas, los ingresos,…, como para buscar un hueco y protestar.
En mi caso concreto no me enviaron ningún profesor durante todo el curso pasado. ( mi hija cursaba 1 ESO). La coordinadora ya se encarga de preguntar el nivel de estudios de la familia, y si tienes estudios superiores, más complicado todavía que te envíen a alguien ( que ya es el colmo y vergonzoso, porque bastante tenemos todos como para también dar clase a tu hijo). Yo contraté a una profesora para mi hija, que venía todos los días que podía ( según el estado de mi hija). Además el colegio se portó fenomenal.
Afortunadamente sacó el curso y este año ya asiste al colegio.
Gracias y un saludo, y por favor, consigan profesor para TODOS los niños con cáncer, sin excepciones, y con un mínimo decente de horas