Xornadas Educativas ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo
Formulario para inscribirse nas xornadas
Próximos ao peche de curso, tamén estamos chegando á última xornada formativa da da Confederación ANPAS GALEGAS. Un curso complexo, que nos fixo traballar arreo para defender o dereito das nosas fillas e fillos a recibir un Ensino Público Galego de calidade e Inclusivo.
Para o remate de curso escolar organizamos, en colaboración co concello de Fisterra, unhas actividades formativas, lúdicas e de confraternización, despois de “chaparnos” varias xornadas formativas ben densas ao longo do curso escolar, de coorganizar as xornadas “Aprendemos da Diversidade”, de traballar na activación da Atención Domiciliaria e Hospitalaria en Galicia ou na organización das charlas sobre as reválidas, entre outras moitas actividades.
Co camiño dos Faros Inclusivo aínda continuamos no mes de xuño…
_Programa “ANPAS GALEGAS NA FIN DO MUNDO_
21 e 22 de maio 2016. Concello de Fisterra
Programa sábado 21 de maio
11:00h. Presentación das xornadas. Salón de plenos do concello
Javier Sánchez (presidente da Confederación ANPAS GALEGAS) Teresa Fernández Martínez (concelleira de Educación de Fisterra).
11:45 a 14:00 h. Concellos Educadores. Salón de plenos do concello
Modera:
– Javier Sánchez, presidente da Confederación ANPAS GALEGAS.
Ponentes:
– Teresa Fernández Martínez, concelleira de Educación de Fisterra.
– Carme Fouces Díaz, concelleira de Educación de Pontevedra.
– Silvia Cameán Calvete, concelleira de Educación de A Coruña.
– Mar Eirís Villar, concelleira de Educación de Carballo.
– Olga Alonso Suárez, concelleira de Educación de Vigo.
– Jesús Basterrechea López, concelleiro de Educación de Ferrol.
17:00 a 18:45 h. A xestión das emocións. A Educación Emocional. María Carmen Loureiro, licenciada en Psicoloxía, profesora no IES da Illa de Arousa.
19:00 a 20:15 h. Era poesía e ti non o sabías María Lado e Lucía Aldao. Salón de plenos concello de Fisterra.
21:30h Cea e debates á lus do candil Hotel Áncora
– Programa domingo 22 de maio
11.00 H a 13:30h
Roteiro e recursos educativos do entorno de Fisterra