Debate sobre o calendario escolar no programa Hora 25 da Cadena Ser coa presencia de Anpas Compostela e da Confederación ANPAS GALEGAS.
Ligazón ao programa Hora 25 sobre calendario escolares
Debemos facer unha reflexión sobre os calendarios escolares, aínda que só sexa dende o punto de vista do alumnado, das súas necesidades de organización e descanso, das súas necesidades de organización e descanso.
Que temos?
– uns calendarios variables que dependen fundamentalmente das festividades relixiosas católicas.
– un problema as familias que non conseguimos conciliar a nosa vida laboral coa familiar sinxelamente porque traballamos moitos máis días , e máis horas cada día, ao ano que os días escolares das nosas fillas e fillos.
– un problema como sociedade porque admitimos sen a protesta necesaria unha serie de normas que comprimen uns currículos amplísimos en períodos lectivos non axeitados en duración para a súa aprendizaxe.
Disto xa falamos no seu tempo en ANPAS GALEGAS.