Educar con sentido común
Cando decidimos ser nais ou pais non se esixe facer un cursiño e obter a calificación de apto ou non apto. Educar un/ha fill@ conleva moita responsabilidade, dedicación e cariño. Dende FOANPAS comunican que son coñecedores da preocupación das familias do ENSINO PÚBLICO por educar do mellor xeito posible @s nos@s cativos, e tamén do valor do tempo como ben escaso, por elo inician unha nova liña de formación: propor a lectura dun libro por trimestre e logo ter un faladoiro sobre o mesmo. Esta opción permite:
– Facer unha formación máis flexibe en canto que o ritmo e momento de lectura o estipula cada un segundo lle conveña.
– Crear unha Biblioteca de Pais e Nais. Moitas familias decidiron adquirir o seu propio exemplar, hai Anpas que optaron tamén pola súa compra e tamén FOANPAS pon a disposición das familias 3 exemplares en préstamo.
– Estimular o hábito da lectura.
– Dar exemplo @s nos@s nen@s véndonos ler e fomentar neles esa inquietude pola lectura.
Neste último trimestre o libro escollido foi EDUCAR con Sentido Común de Javier Urra. Para esta ocasión contamos para o noso faladoiro o autor do libro que durante dúas horas o xoves 9 de xuño amosounos pautas para educar mellor @s nos@s fill@s. Javier Urra conduciunos dunha maneira sinxela pero a vez profunda e educativa pola andanza diaria da convivencia c@s nos@s cativ@s .
Normas e límites, empatía e o uso do sentido común son unha adicional formación sobre temas relacionados coa educación e a vida mesma. Punto de gran interese este último xa que @s nos@s cativ@s non nacen co libro de consultas. Ese libro o temos que ir escribindo durante as diferentes etapas educadoras e porque non, o longo da nosa vida, é a un libro en branco no que temos a responsabilidade de ir escribindo, recabando información para que o día a día sexa coherente e facilite ferramentas @s nen@s para que poidan xestionar a súa vida, eso si, nas que as normas e límites son imprescinedibles. Os temas tocados foron moitos, límites, acoso escolar, violencia filio-pariental, violencia de xénero…
Facendo alusión a unha frase contida no libro “Hai que educar @s nen@s a ser mellores, non a ser o mellor” tamén nos como nais e pais debemos intentar mellorar e darlle as pautas necesarias para conseguir persoas autónomas e preparadas para afrontar os retos do futuro que cada vez son máis difíciles.
O feito de que todo cambiara tan rápido e segue a cambiar nos nosos días (redes sociais, parellas separadas, familias monoparentáis, conciliación familiar,mundo globalizado…) fai que as veces perdamos a perspectiva de que @s cativ@s non son máis ca iso cativ@s que temos que formar, e nada mellor co SENTIDO COMÚN, que por desgraza segue a ser o menos común dos sentidos…despóis de dúas horas que se pasaron voando creo que todos @s asistentes, representantes da comunidade educativa do ENSINO PÚBLICO, (pais, nais, profesorado, orientadores..), quedamos máis tranquilos, para desenvolver a nosa difícil tarefa.
A xornada desenvolveuse no Salón de Actos do IES República Oriental do Uruguai (antigamente ROSAIS I) que amablemente a súa directora Mª Olga Ferro Lorenzo nos cedeu. Con máis de 80 asistentes o ambiente no que se desenvolveu foi moi agradable grazas a proximidade e bo humor amosado por Javier Urra, así como a boa disposición a respostar ás dúbidas que se lle plantexaban. Para a presentación da xornada contamos coa Concelleira de Educación Olga Alonso Suárez.
Os comentarios finais dos participantes foron moi positivos…agradecendo a FOANPAS esta xornada na que se formaban os pais/nais do ENSINO PÚBLICO ó mesmo tempo que se pasaba un rato divertido, xa que as sorrisas ó longo da charla foron unha tónica dominante.
A prensa tamén se fixo eco do acto…
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/javier-urra-rosais-1/20160610102816535219.html