- Seguinte historia Non ás Reválidas. Non á LOMCE – Mobilizacións do 24 de novembro
- Historia previa Os deberes escolares a debate
Confederación no mapa
CANLE DE YOUTUBE
O QUE NOS CONTA A XUNTA DE GALICIA
- A Consellería de Educación anima aos centros a sumarse aos programas de impulso das bibliotecas escolares
- A Xunta salienta o potencial do Conservatorio Superior de Música de Vigo cunha aposta pola formación especializada e a internacionalización
- A FP galega incorpora a primeira ferramenta de intelixencia artificial para que os alumnos poidan recrear na aula situacións reais en inglés
Máis
RECURSOS
CAMPAÑA XABARIN XA
QUEN SOMOS?
Histórico
ANUNCIOS – XUNTA DE GALICIA
- Publicación da listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2024/25
- Publicación da listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en FP para o curso 2024/25
- Resolución provisional dos centros admitidos na convocatoria do programa Radio na Biblio para o curso 2024/25
El representante del ANPA lo elige la junta directiva o se puede exigir abrir un proceso de selección para que sea elegido por la asamblea?
Correspóndelle á directiva da ANPA a designación de representantes?
Quen representa á ANPA?
Marco legal:
Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación:
Art. 7.1: Os Estatutos deberán conter os seguintes extremos:
h) Os órganos de goberno e representación, a súa composición, regras e procedementos para a elección e substitución dos seus membros, as súas atribucións, duración dos cargos, causas do seu cese, xeito de deliberar, adoptar e executar os seus acordos e as persoas ou cargos con facultade para certificalos e requisitos para que os citados órganos queden validamente constituídos.
Art. 11.: Réxime das asociacións:
1. O réxime das asociacións, no que se refire á súa constitución e inscrición, determinarase polo establecido na presente Lei Orgánica…
2. En canto ao seu réxime interno, as asociacións axustarán o seu funcionamento ao establecido nos seus propios Estatutos, sempre que non estean en contradición coas normas da presente Lei Orgánica.
3. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e deberá reunirse, polo menos, unha vez ao ano.
4. Existirá un órgano de representación que xestione e represente os intereses da asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Só poderán formar parte do órgano de representación os asociados.
Art. 12: Se os Estatutos non o dispoñen doutro xeito, o réxime interno das asociacións será o seguinte:
a) As facultades do órgano de representación estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, consonte aos Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral
Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de Pais de Alumnos
Art. 7: Os estatutos das asociacións de pais de alumnos deberán conter, polo menos, os seguintes extremos:
d. Composición e funcionamento dos seus órganos de goberno, que en todo caso terán que ser democráticos.
Da normativa anterior extráense as seguintes conclusións:
1. As ANPAs deben ter un órgano de representación, que funcionará de acordo coas directivas da Asemblea xeral; comunmente a ese órgano chámaselle “Xunta directiva da Asociación”.
2. Ese órgano de representación estará composto por persoas que desempeñarán os cargos que se consideren necesarios; dun xeito ordinario, e como mínimo, é necesario unha persoa que ocupe a presidencia, outra que ocupe a secretaría, e unha terceira que leve a tesouraría; á parte destas persoas, os órganos de representación poden ter a composición que se aprobara nos Estatutos.
3. Os Estatutos da Anpa serán quen indiquen cal é o funcionamento dese órgano de representación.
Na práctica ordinaria, e sempre salvando as peculiaridades que poidan derivarse dos Estatutos, a representación legal ordinaria da asociación correspóndelle á persoa que exerza a Presidencia da Xunta Directiva.
A representación, xa que logo, ven marcada polos seguintes pasos:
– O que se estableza nos Estatutos da Asociación.
– Se non se establece nada específico nos Estatutos, o que se derive das competencias que a Xunta Directiva poida ter encomendadas para decidir sobre os diferentes tipos de representación.
– Se non hai encomenda específica, a representación ordinaria recae na persoa que teña encomendada a Presidencia da Asociación.
En canto ao representante da ANPA nos consellos escolares, a normativa existente fai sempre referencia a que “dos representantes que lles corresponden aos pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa”, non é polo tanto unha circunstancia con normativa específica, haberá que estar ao criterio xeral de representación.