- Seguinte historia Non ás Reválidas. Non á LOMCE – Mobilizacións do 24 de novembro
- Historia previa Os deberes escolares a debate
Confederación no mapa
CANLE DE YOUTUBE
O QUE NOS CONTA A XUNTA DE GALICIA
- Román Rodríguez anuncia que o alumnado do instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras aulas novas a partir do luns
- A Xunta potencia na feira Innovart 24 as ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que reúnen a 6.000 personas, case o dobre que na primeira edición
- Román Rodríguez sinala como unha prioridade de goberno a tolerancia cero contra o acoso escolar
Máis
RECURSOS
CAMPAÑA XABARIN XA
QUEN SOMOS?
Histórico
ANUNCIOS – XUNTA DE GALICIA
- Listaxe provisional de proxectos presentados ao programa Lanzadeiras Lugo para o curso 2023/2024
- Resolución provisional de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de EP e ESO no curso 2023/24
- Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas da 1ª convocatoria 2024 de carnés e habilitacións profesionais
El representante del ANPA lo elige la junta directiva o se puede exigir abrir un proceso de selección para que sea elegido por la asamblea?
Correspóndelle á directiva da ANPA a designación de representantes?
Quen representa á ANPA?
Marco legal:
Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación:
Art. 7.1: Os Estatutos deberán conter os seguintes extremos:
h) Os órganos de goberno e representación, a súa composición, regras e procedementos para a elección e substitución dos seus membros, as súas atribucións, duración dos cargos, causas do seu cese, xeito de deliberar, adoptar e executar os seus acordos e as persoas ou cargos con facultade para certificalos e requisitos para que os citados órganos queden validamente constituídos.
Art. 11.: Réxime das asociacións:
1. O réxime das asociacións, no que se refire á súa constitución e inscrición, determinarase polo establecido na presente Lei Orgánica…
2. En canto ao seu réxime interno, as asociacións axustarán o seu funcionamento ao establecido nos seus propios Estatutos, sempre que non estean en contradición coas normas da presente Lei Orgánica.
3. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e deberá reunirse, polo menos, unha vez ao ano.
4. Existirá un órgano de representación que xestione e represente os intereses da asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Só poderán formar parte do órgano de representación os asociados.
Art. 12: Se os Estatutos non o dispoñen doutro xeito, o réxime interno das asociacións será o seguinte:
a) As facultades do órgano de representación estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, consonte aos Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral
Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de Pais de Alumnos
Art. 7: Os estatutos das asociacións de pais de alumnos deberán conter, polo menos, os seguintes extremos:
d. Composición e funcionamento dos seus órganos de goberno, que en todo caso terán que ser democráticos.
Da normativa anterior extráense as seguintes conclusións:
1. As ANPAs deben ter un órgano de representación, que funcionará de acordo coas directivas da Asemblea xeral; comunmente a ese órgano chámaselle “Xunta directiva da Asociación”.
2. Ese órgano de representación estará composto por persoas que desempeñarán os cargos que se consideren necesarios; dun xeito ordinario, e como mínimo, é necesario unha persoa que ocupe a presidencia, outra que ocupe a secretaría, e unha terceira que leve a tesouraría; á parte destas persoas, os órganos de representación poden ter a composición que se aprobara nos Estatutos.
3. Os Estatutos da Anpa serán quen indiquen cal é o funcionamento dese órgano de representación.
Na práctica ordinaria, e sempre salvando as peculiaridades que poidan derivarse dos Estatutos, a representación legal ordinaria da asociación correspóndelle á persoa que exerza a Presidencia da Xunta Directiva.
A representación, xa que logo, ven marcada polos seguintes pasos:
– O que se estableza nos Estatutos da Asociación.
– Se non se establece nada específico nos Estatutos, o que se derive das competencias que a Xunta Directiva poida ter encomendadas para decidir sobre os diferentes tipos de representación.
– Se non hai encomenda específica, a representación ordinaria recae na persoa que teña encomendada a Presidencia da Asociación.
En canto ao representante da ANPA nos consellos escolares, a normativa existente fai sempre referencia a que “dos representantes que lles corresponden aos pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa”, non é polo tanto unha circunstancia con normativa específica, haberá que estar ao criterio xeral de representación.