Desmontando a LOMCE
Coa idea de aportar os nosos puntos de vista, argumentos, análises dos problemas que afectan ao noso sistema educativo e valorar iniciativas para melloralo, estes días pasados falamos da LOMCE en diversas charlas, as dúas últimas en Ferrol e Cangas.
A LOMCE implica perder posicións educativas que conquistaramos nos últimos decenios, e que custará recuperar. Esta contrarreforma neoliberal arrasa co Ensino Público e non estamos dispostos a permitilo.
– Desmontando a LOMCE na Galería Sargadelos de Ferrol con:
Javier Sánchez (presidente de ANPAS GALEGAS)
Jurjo Torres (catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade de A Coruña.
Francisco Fernández ( representante dos sindicatos de estudantes).
– Desmontando a LOMCE en Cangas con:
representantes dos sindicatos CIG Ensino e STEG,
colectivos de estudiantes,
concelleiro de ensino de Cangas
Mari Luz Prieto Santomé (presidenta da federación de ANPAs de Cangas).