Resumo das xornadas simultáneas ANPAS GALEGAS. Ponteareas
Xornada de formación simultánea moi intensa cunha participación activa das persoas asistentes en canto a información e debate, baixo o lema “Ser ou non ser das ANPAS“.
PONENTES EN PONTEAREAS.
Interviron na mesa redonda:
Cristina Fernández Davila (Concelleira de Educación de Ponteareas).
Isabel Amoedo Villar (representante da ANPA San Xulián).
María Jesús Granja Pereira (pedagoga de FOANPAS).
Bertila Fernández Pérez (secretaria de ANPAS GALEGAS e voceira de FOANPAS).
REFLEXIÓNS.
Comezamos baixo as seguintes reflexións:
Que é unha ANPA na actualidade?
Que funcións está a desempeñar?
Estámonos a cargar de responsabilidades que non nos competen (aulas matinais, comedores, actividades extraescolares, festas…)?
Unha ANPA non pode ser a comisión de “festas, feiras e fandangos” do centro, coas conseguintes responsabilidades que conleva (fiscal, contable, etc.). Temos que ter dentro da directiva unha comisión de festexos, pero non pode ser a totalidade da labor da ANPA.
DEBATE.
Posteriormente a estas reflexións, o debate foi indo cara a que deberiamos ser, o que din os Estatutos e o que vivimos día a día nos centros de Ensino.
– Os artigos fundamentais dos Estatutos das nosas asociacións reflicten a DEFENSA DOS DEREITOS DAS/OS NENAS/OS E DAS SÚAS FAMILIAS.
– Como se desenvolve a xornada lectiva no centro? É escola para todos/as ou só para algúns/has? O alumnado NEAE en que situación está?
Teñen o apoio necesario? Os recursos necesarios? O centro está libre de barreiras arqueitectónicas? Teñen pictogramas indicando as distintas estancias e servizos? É suficiente o número de PTs, ALs, Orientadores/as, coidadores/as… Participamos nos Consellos Escolares dos nosos centros? Facilítannos a asistencia? Somos coñecedores de que se a/o representante da ANPA causa baixa podemos nomear a outra/o membro da ANPA para substituíla/o?.
Moitas cuestións derivadas da formación de ANPAS:
Informan ás/aos socias/os de todo o relacionado coa educación, lexislación, novos decretos,…
Organizan xornadas de formación, debates, foros; participan activamente polas canles establecidas no centro; comisión de escolarización, consellos municipais (escolar, normalización lingüística, da muller, de accesibilidade, …).
OBRADOIRO.
Ofreceu ferramentas para aplicar no día a día das ANPAS. Plantexáronse varias estratexias de comunicación e resolución de conflitos, que se aplicaron nunha parte práctica na que se expuxeron diferentes supostos.
CONCLUSIÓNS.
Foron unhas xornadas de formación moi productivas e satisfactorias, nas que houbo un alto grao de participación e nas que se puxo en valor a comunicación, a través do debate, do obradoiro e a través da interpretación en lingua de signos.