Grazas Javier!!!
Hoxe tivemos renovación da directiva da nosa Confederación. O noso Presidente, Javier Sánchez, deixou o cargo porque a súa filla pequena abandona xa o ensino público, e asúmeo o até o de agora vicepresidente, Fernando Lacaci, da FANPA Compostela; quen, á súa vez, é substituido polo presidente da Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte, Xosé Antón de la Fuente Subiela.
Poñemos en público a nosa maior gratitude á persoa que representou durante estes cinco intensos anos ás nais e pais galegos que pelexamos polo Ensino Público; e agardamos que continúe colaborando connosco, achegando a súa experiencia e bon facer.
Novos cargos, novos nomes e unha mesma idea: pelexar polo Ensino Público Galego dende a perspectiva das familias democráticas, participativas, inclusivas e acolledoras, que é tanto como dicir a perspectiva das cidadás e dos cidadáns de este Noso Páis: Galiza.