25N. Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
25N
O Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres ten este ano
como obxectivo concienciar contra todos os tipos de violencia que se exercen
contras as mulleres polo mero feito de selo e denunciar o avance do discurso
negacionista do terrorismo machista.
Hai formas de violencia recoñecidas como tales pero é preciso sensibilizar á sociedade ante outras violencias múltiples e diversas, moitas invisibilizadas e normalizadas, pero igualmente letais.
Cada vez que se xulga o modo de vestir, cada vez que as mulleres aparecen representadas como obxectos hipersexualizados nunha campaña publicitaria, cada vez que se lle paga menos polo mesmo traballo, cada vez que un xornal di que as mulleres morren e non que as asasinan, ou que violan e a Xustiza di que non é violación, cada vez que son cuestionadas, cada vez que se segrega por sexos, … todas son formas de violencia. E non podemos permanecer impasíbeis.
Pregamos a túa participación nas mobilizacións do 25N que están convocadas.