Folga estudiantil 6 de marzo
A Confederación ANPAS GALEGAS quere expresar o seu apoio á folga convocada polo Sindicato de Estudiantes e Libres y Combativas
Compartimos a mesma mensaxe de respecto á diversidade sexual e a inclusión de todas as persoas dentro do Ensino Público, e defendemos tamén a necesidade de manter unha formación completa para que as expresións de odio, e intolerancia non sexan parte da vida cotián da nosa mocidade.
Apoiamos tamén especificamente a necesaria derrogación da LOMCE, e a expresa finalización dos recortes educativos, así como a necesidade de efectuar un amplo investimento de fondos públicos nun sistema educativo que leva moitos anos véndose privado dos recursos elementais para a súa actualización á modernidade.