Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
A consellaría vainos converter a todas, profesorado, familias, e até ao propio alumnado, en diagnosticadores profesionais. Somos xa especialistas sanitarios por obra e graza do protocolo, e imos ser quen de detectar, todos os días pola mañá, se temos síntomas, porque tusimos dun xeito diferente, ou porque cansamos máis do cotián ao subir unha escaleira. O problema non é esa obviedade que todas cumprimos dende sempre, porque ninguén vai traballar sabéndose enferma; o problema é que a saúde dun colectivo tan amplo como o alumnado e o profesorado dun centro escolar vai depender de que todas esas persoas sexan quen de autodiagnosticarse. E se non houbera distancias mínimas de seguridade insuficientes, e esa intencionalidade de meter nas aulas ao mesmo número de alumnas-os que antes, o problema sería o mesmo?, pensamos que non, que sería bastante diferente.