Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.

Non hai medios para contratar mais profesorado para dotar aos centros e reducir as rateos nas aulas pero, vai haber persoal suficiente para facer verificación visual da correcta hixiene de mans? Tendo en conta que nin o persoal do centro nin as familias nin os visitantes van entrar a mesma hora, vai estar alguén permanentemente na entrada para facer a verificación de hixiene de mans? E despois, unha vez que todo o alumnado estea sentado na aula tocará pasar revista e comprobar a súa hixiene. Será antes, durante ou despois da explicación e concienciación do importante que é ter unha boa hixiene e desinfección do material e espazos que usen? Como se vai comprobar? Como van a detectar ao alumnado que non realizou esa correcta hixiene de mans? Vai ser necesario que o profesorado este dentro da aula antes de que cheguen os alumnos e alumnas. Non sempre é así. Acaso agora vai a ser?
En fin, vai ser unha primeira hora moi produtiva.