Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
A pregunta que xurde de xeito inmediato é: vaise contratar persoal profesional suficiente para realizar estas tarefas en cada entrada e saída e en cada cambio de aula de todos os centros de Galiza? Ou tamén neste caso vai recaer a responsabilidade no alumnado e no profesorado, que non teñen ningunha formación neste aspecto nin serán obxecto de ningún tipo de supervisión? Lembremos que o persoal de limpeza foi formado e seleccionado para o desenvolvemento destas tarefas, as cales implican o manexo de produtos tóxicos, en condicións de seguridade e para garantir a súa eficacia. Pensar que calquera persoa sen formación axeitada pode realizar esta labor é un menosprezo para este colectivo, ademais dunha irresponsabilidade.