Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
Seica isto vai ser doado. Son só cinco horas sentados mirando nunha soa dirección para poder estar a un metro de distancia física mínima sen máscara; malo será…alguén fixo a proba? E non sería moitísimo máis sinxelo e intelixente organizar as clases coa metade do alumnado e esquecernos de ese metro que non é nada nin protexe de nada e comezar a contar dende o metro e medio? Evitaríamos riscos innecesarios. Doutro xeito semella ben complicado. E se non, pois a máscara todo o día que tamén vai ser doado de soportar.