Historias do protocolo de volta ao cole, visión das familias.
– “Nos centros educativos onde sexa posible habilitaranse diferentes entradas para o alumnado das diferentes etapas educativas (infantil, primaria, secundaria, bacharelato ou FP). No caso de que polas peculiaridades do centro non fose posible estableceranse quendas de entrada distanciadas no tempo”.
Se falamos de centros urbanos cunha capacidade media de 500-600 alumnos e cunha soa entrada, e tendo en conta os transportes escolares que xa teñen que organizarse para non parar á vez no recinto escolar …a entrada e saída da rapazada no cole non vai ser cousa de cinco minutos. Teñen que separarse 1,5 m, lavarse as mans, subir á aula, limpar a cadeira e a mesa e, o remate da xornada ,recoller todo e desinfectar outra vez a mesa e a cadeira. Esperemos ca programación ( a mesma que ten que engadir todo o que quedou pendente do curso anterior ) contemple esta rebaixa do tempo lectivo real que non vai ser nada despreciábel.
#ANPASGALEGAS #aulasencovid