Por que queremos unha formación igual, presencial ou virtual, para todo o alumnado galego
Diante do inicio do próximo curso escolar 2020-2021, con todas as incertezas sanitarias e todos os riscos de contaxio e enfermidade que todas temos na mente, as ANPAS GALEGAS defendemos que a volta ás aulas debera ser presencial para todo o alumnado galego, con todas as seguridades e reforzos que as nosas fillas e fillos merecen e precisan por suposto; e defendémolo por unha serie de razóns, todas elas baseadas nun principio moi coñecido e admitido, a Escola non é unha academia de contidos, non é só un lugar de formación formal, a escola, e máis aínda a escola pública, cumpre outras funcións imprescindíbeis na educación da xente moza:
– É garantía de igualdade, de tratamento uniforme a todas as nenas e nenos, independentemente da súas capacidades económicas, sociais ou familiares. É o principal elemento nivelador do noso sistema social, o que permite que todas inicien a carreira da vida coas mesmas oportunidades e –así debera ser- cos apoios individuais que lles posibiliten continuar ao mesmo nivel que as súas compañeiras.
– É o lugar onde se pode vivir a diversidade, porque se favorece e se propicia, e porque se forma a todas as demais no respecto ao outro-a; e non só a nivel teórico, é a simple convivencia coa diversidade a que normaliza e educa no seu respecto.
– Corrixe de xeito natural as discriminacións que a sociedade provoca, ao enfrontar ás nenas e nenos a un obxectivo e uns retos comúns e iguais para todas.
– Fornece á rapazada do imprescindíbel acompañamento social entre iguais que nunca poderán ter nas súas casas, porque as persoas precisamos contactar e convivir con outras persoas distintas, coñecer a outra xente, tecer lazos con outros grupos; todo iso dáo o Ensino Público.
– Posibilita a aprendizaxe fóra da familia, o que implica a entrada de novos xeitos de ver o mundo, o coñecemento doutras maneiras de interpretar a realidade, ou sinxelamente o descubrimento de novas realidades que complementan a propia.
– É, e disto sabemos moito logo do confinamento pasado, a única seguranza que podemos ter de que a aprendizaxe das nenas e nenos galegos está totalmente garantida é un retorno presencial ás aulas. O confinamento tróuxonos tantas aprendizaxes como persoas aprendendo, acompañando ou participando; e trouxo tamén moitas inseguridades e moitos abandonos. Houbo moita xente que quedou descolgada, máis quizais das que puideron seguir o ritmo. Non queremos que volva a pasar isto.
Pero isto non quere dicir que queiramos esa volta presencial a calquera prezo, nin tan sequera que non contemplemos que o regreso poida ser doutra maneira, non presencial, que corrixa no posíbel os erros do confinamento, e que dea a maior cobertura que se poida aos outros valores que a non presencialidade dificulta.
A volta ás clases pode ser virtual, total ou parcialmente, pero necesitamos ter a seguridade de que non vai haber alumnado de diferentes velocidades, e esa certeza só poderemos tela se o tratamento é homoxéneo para todas as crianzas galegas; salvando sempre aquelas situacións de enfermidade manifesta ou risco evidente que merecen un tratamento diferenzado.
Non hai liberdade na escolla de opcións individuais que favorecen o tratamento desigual, e que poden provocar un desigual punto de partida nun futuro normalizado. Non hai liberdade cando a escolla se basea na dispoñibilidade de medios materiais que outra xente non poida ter.
A loita, sempre, e moito máis agora, ten que ser sempre pola sociedade, polo grupo, todas as nenas e nenos teñen dereito a un Ensino Público Galego de calidade, agora temos outra verba que engadir: teñen dereito a un Ensino seguro.
Por iso, o que nós defendemos non é crear excepcións que nos fagan retroceder nos logros da equidade, senón traballar para que todas as nenas e nenos galegas sexan atendidas, formadas e educadas, nas mesmas condicións, cos mesmos medios, e coa mesma atención, nas casas, ou nas aulas, pero todas da mesma maneira e no mesmo momento.
Para logo sermos iguais, non é iso o que pretendemos todas?
Creo que puesto que decís representar a los padres deberiais haber preguntado antes de ejercer de portavoces. Hay muchos padres que por diferentes motivos no estamos en el ampa.
Quizás os sorprendería descubrir que pese a querer indudablemente todos lo mismo las aproximaciónes para conseguirlo son muchas. Plantear una educación a distancia segun que casos no es una utopía y bajaría el numero de alumnos por aula de forma natural. Eso si calidad de la educación y seguridad en ambos casis es irrenunciable.
A quien habeis consultado? Cuantos padres estan de acuerdo? Y porque no las dos cosas enseñanza presencial y online ?
Eso suena muy bien, en un mundo ideal, no en plena pandemia en la que no se han estudiado los siguientes puntos: en unas aulas inexpandibles, en niños que no son iguales por el riesgo que conllevan, ellos mismos o sus familiares, en aulas donde no se pueden desinfectar o airear constantemente ambientes, por no hablar de los pequeños que gritan, lloran, chupan todo y escupen sin poder prevenirlo…padres que no queremos perder las plazas.
Estas medidas no son realistas ni eficaces,. Dado que se espera que esto sea puntual, se presenta una alternativa realista en la que las familias lleven a sus hijos sólo si no les queda otra opción, de forma que se bajarían los alumnos por clase y sería más fácil cumplirlo.