Apoio folga de profesorado.
Dende a Confederación ANPAS GALEGAS apoiamos á folga de profesorado prevista o día 10 de setembro nas etapas de educación infantil e primaria, e o 16 de setembro na etapa de ESO, Bacharelato e FP, e instamos ás familias a que non envíen ás súas fillas e fillos a clase ese día.
Cando por problemas de conciliación e/ou condicións familiares non sexa posible, propoñemos que leven un brazalete ou lazo negro tanto familias, crianzas e profesorado para manifestar o apoio o día da folga.
Convidamos ademais a que toda a comunidade educativa leve ditos brazaletes ou lazos negros todos os días durante dúas semanas.