Enquisa de valoración dos protocolos
Dende a Confederación Anpas Galegas fixemos chegar as nosas anpas asociadas unha enquisa de valoración dos protocolos e do desenvolvemento do curso escolar neste primeiro trimestre co fin de facer pública a situación real que está a acontecer.
A valoración final en xeral é positiva, porén é salientábel a falta de criterios uniformes á hora de afrontar as diversas situacións, nalgúns casos tan graves coma que na aplicación do plan de continxencia na xestión dun positivo a porcentaxe resultante debera ser do 100%. Tamén é preocupante o descoñecemento de certos aspectos por parte das familias como a limpeza dos autobuses de transporte escolar; ou a improvisación na hora de establecer canles de comunicación coas familias.
Coma dato positivo vemos que hai un coñecemento dos protocolos maioritario e que os centros están facendo importantes esforzos para adaptarse a eles.
Outro tema fundamental, e que aínda non está resolto, é a fenda dixital. O 63,2% das anpas asegura que os centros non están preparados para realizar as clases telemáticas de ser preciso e un 13% dos centros non están a traballar na aula virtual polo que deducimos que ese alumnado non está recibindo a formación que contemplan as instrucións da Consellería. O problema da conectividade no rural tamén está sen resolver e unha vez máis vemos como este alumnado está en desigualdade con respecto ao alumnado dos centros de ensino urbanos.
DATOS QUE SE REFLICTEN NA ENQUISA
FEDERACIÓNS | TOTAL ANPAS | ANPAS PARTICIPANTES | PORCENTAXE PARTICIPANTE |
VALMIÑOR | 19 | 8 | 42,10% |
FANPO | 22 | 1 | 4,54% |
FOANPAS | 75 | 12 | 16% |
CANGAS | 9 | 3 | 33,33% |
COMPOSTELA | 52 | 16 | 30,76% |
FERROLTERRA | 37 | 17 | 45,94% |
FAPACEL | 66 | 39 | 59,09% |
COSTA DA MORTE | 56 | 19 | 33,92% |
TOTAL | 338 | 115 | 34,02% |
Total de ANPAS participantes: 115
RESULTADOS POR PREGUNTAS
Porcentaxe de centros participantes:
Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP): 89 (73%)
Centro de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato (IES): 23 (19,8%)
Centro Público Integrado (CPI): 9 (7,4%)
Colexio Rural Agrupado (CRA): 1 (0,8%)
Indica os Protocolos que coñeces:
Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19: 121 (99,2%)
Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nos comedores do centros educativos: 83 (68%)
Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 no alumnado con necesidades educativas especiais (NEE) para o ámbito educativo: 54 (44,3%)
Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 nas actividades extraescolares: 59 (48,4%)
Plan de continxencia do centro: 108 (88,5%)
Fíxose divulgación do Plan de continxencia?
SÍ: 99 (81,1%)
NON: 23 (18,9%)
Por que medios se fixo divulgación do Plan de continxencia
Aquí atopamos contradición entre as respostas.
23 centros indican que NON se fixo divulgación do Plan de continxencia dos cales en 4 hai unha contradición xa que indican, ao mesmo tempo que se divulga a través da web, abalar, ANPA
99 centros confirman a divulgación
Na maioría dos casos a divulgación fíxose a través da publicación na páxina web do centro e por Abalar. Logo tamén se informou nas reunións presenciais de principio de curso, en Consello Escolar ou directamente á directiva da Anpa, quen se encargou logo de espallar a información. Das respostas obtidas só hai un caso onde aínda non se coñece (a 19 de novembro). Outros medios utilizados son: correo electrónico, folletos informativos, instagram, whatsApp ou TokApp School
Solicitaron ás familias asinar a Declaración Responsable para o Protocolo COVID-19 nos centros educativos ao inicio de curso?
SI: 94,2% (113)
NON; 5,8% (7)
Ten consecuencias se non se entrega?
SÍ: 30 (34,5%)
NON: 57 (65,5%)
Que mecanismos de comunicación usa o centro para comunicarse coas familias?
Os mecanismos que se utilizan son múltiples e variados dependendo do centro. Os que se reflicten nas enquisas son: Abalar, páxina web do centro, vía telefónica, correo electrónico, se se solicita citan as familias de xeito presencial, whatsApp, tok app, circulares en papel, instagram, redes sociais.
Como e durante canto tempo se realiza a ventilación nas aulas?
A maioría das respostas coincide en que se ventila durante toda a xornada. Nalgúns casos indícase que depende do docente que estea nese momento; antes de entrar na aula e 5-10 minutos entre clase e clase.
A ventilación durante toda a xornada prodúcese tanto en centros de Educación Infantil e Primaria, Centros de Ensinanza Secundaria Obrigatoria, CPI ou CRA.
Os comedores escolares teñen un Protocolo específico. Das afirmacións que se indican a continuación sinala cales se cumpran (indicade todas as que consideredes)
Aumentaron o número de quendas para reducir o aforo do comedor: 47 (51,6%)
Utilizan espazos colindantes ao comedor con mobiliario do que dispón o centro de xeito que se cumpra a distancia de 1,5 metros: 42 (46,2%)
Instalaron mamparas ou separacións de cando menos 0,60 cm de altura colocadas sobre o mesado: 16 (17,6%)
Na medida do posíbel o alumnado sentarase agrupado por aulas: 79 (86,8%)
O persoal colaborador que atende cada grupo é estabel: 74 (81,3%)
Segundo as afirmacións referentes ao Protocolo sobre comedores escolares confirmase que na maioría dos casos o alumnado está sentado por aulas respectando os grupos burbulla. De igual xeito, o monitorado tamén é estábel.
Resposta as seguintes cuestións indicando si son afirmativas ou negativas
Nos recreos e tempos de lecer os equipos directivos teñen distribuídos os espazos por grupos
SÍ – 117 / NON – 4 (121)
Habilitáronse diferentes entradas para o alumnado das diferentes etapas educativas
SÍ – 97 / NON – 23 (120)
Estableceron quendas de entrada diferenciadas no tempo
SÍ – 84 / NON – 33 (117)
No caso de non ter entradas diferenciadas para o alumnado das diferentes etapas educativas estableceranse quendas de entrada diferenciadas no tempo
SÍ – 40 / NON – 19 (59)
O alumnado de educación infantil pode ir acompañado dun familiar
SÍ – 62 / NON – 30 (92)
Nos accesos ao centro está habilitada unha porta de entrada e outra de saída
SÍ – 47 / NON – 72 (119)
Para a saída do centro ou para o inicio do servizo ao comedor flexibilizan o horario da última hora lectiva
SÍ – 75 / NON – 27 (102)
A dirección do centro e/ou profesorado asegurase de que non se formen agrupacións de alumnado e/ou familias dentro do recinto ou na vía pública fóra do recinto escolar
SÍ – 83 / NON – 37 (120)
Nas entradas e saídas a dirección do centro e/ou profesorado se asegura de que os grupos non se crucen para evitar agrupamentos
SÍ – 96 / NON – 24 (120)
Á entrada e saída do centro hai verificación visual por parte do profesorado da realización da hixiene de mans
SÍ – 95 / NON – 19 (114)
Como se realizan e/ou convocan os Consellos escolares?
Convócanse por correo electrónico, correo postal e vía telefónica nalgún caso. Hai algún caso que se convocan a través da web do centro, nota informativa, whatsApp ou TokApp.
Por outra parte, a realización de ditos Consellos Escolares na maioría dos casos se realiza de maneira telemática salvo, nalgún caso que o primeiro se celebrou de forma presencial. Logo hai 19 centros que os están a realizar de forma presencial.
A xestión dos casos positivos /sospeitosos do centro educativo seguen o Protocolo de adaptación e/ou o Plan de continxencia?
SÍ: 105 (97,2%)
NON: 3 (2,8%)
Na maioría dos centros están a realizar ben a xestión dos casos positivos / sospeitosos segundo o Protocolo e/ou o Plan de continxencia.
No caso de cambio de aula realizase a desinfección da mesa e da cadeira?
SÍ: 84 (93,3%)
NON: 6 (6,7%)
Se confirma que na maioría dos centros se está realizando a desinfección da mesa e da cadeira
Quen se encarga da desinfección da mesa e da cadeira no caso de cambio de aula?
Sobre a realización da desinfección da mesa e da cadeira no caso de cambio de aula só hai 96 respostas. Polo tanto algunhas non contestaron e das que responderon hai algunha ANPA que non sabe como se está a facer.
Neste apartado hai respostas diversas: en infantil o profesorado e en primaria o alumnado; non se cambia de aula; si cambia o profesorado é el quen desinfecta; o servizo de limpeza e/ou conserxes; persoal de limpeza e profesorado; persoal do concello.
O alumnado que usa transporte escolar ten un posto fixo asignado para o curso escolar?
SÍ: 87 (95,6%)
NON: 4 (4,4%)
Confirmase que na maioría dos centros o alumnado que usa transporte escolar ocupa un posto fixo fronte a un 4,4% que non o ten.
O listado da ocupación de postos fixos no autobús por parte do alumnado é coñecida polo centro?
SÍ: 51 (73,9%)
NON:18 (26,1%)
Como e/ou cada canto tempo se realizan as tarefas de limpeza e desinfección no transporte escolar?
Só hai 79 respostas dun total de 122 -115.
A maioría das respostas descoñecen como se fai a limpeza e desinfección no transporte escolar e/ou cal é o Protocolo que teñen que seguir. Logo hai repostas varias: unha vez ó día; antes e despois de cada ruta; 15 minutos antes e 15 minutos despois; cando rematan a xornada laboral; dende o centro non ten coñecemento pero si comproban que leven hidroxel.
Se dous centros comparten autobús durante un mesmo traxecto, se comparten os datos no caso dun positivo ou sospeitoso?
SÍ: 17 (43,6%)
NON: 22 (56,4%)
En canto a cuestións de transporte volve a reflectirse, con tan só 39 respostas, a escasa ou nula información que se ten por parte das ANPA.
O profesorado está ensinando ao alumnado a traballar na aula virtual?
SÍ: 100 (87%)
NON: 15 (13%)
Se confirma con un 87% das respostas afirmativas que o profesorado está ensinando ao alumnado a traballar na aula virtual.
Considerades que os centros educativos está preparados para poder realizar as clases telemáticas, de ser o caso?
SÍ: 43 (36,8%)
NON: 74 (63,2%)
Sen embargo, un 63,2% das ANPA enquisadas consideran que os centros educativos non está preparados para a realización de clases telemáticas.
Os centros educativos preguntaron as familias si dispoñen de ordenadores e/ou conexión a internet considerando o caso dun posíbel confinamento
SÍ: 112 (92,6%)
NON: 9 (7,4%)
Na maioría dos centros (un 92%) se confirma que os centros educativos preguntaron e teñen coñecemento das familias que dispoñen de ordenador e/ou conexión a internet.
1 resposta
[…] Enquisa de valoración dos protocolos […]