Máis ca un conto: Os TCA na familia.
As compañeiras de FEANPAs convidannos a participar desta actividade gratuíta, que desenvolverán en liña, destinada principalmente ás familias pero aberta a toda aquela persoa interesada que desexe participar.
Deste modo, o vindeiro MARTES 15 DE DECEMBRO ás 19h xuntarémonos para falar da Prevención dos Trastornos do Comportamento Alimentario no ámbito familiar, a través da plataforma Jitsi Meet, e da man de ABAC (Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña).
INSCRICIÓN: É necesaria a inscrición previa a través do seguinte formulario:
https://forms.gle/i3gYbvyHqqvbgLnV7
As persoas inscritas recibirán confirmación a través do correo electrónico, así como o enlace para acceder á actividade e as instrucións necesarias.
Agardamos contar coa vosa participación e agradecemos de antemán a difusión pola vosa parte!
Para máis información podedes contactar con FEANPAs:
fanpaferrolterra@gmail.com
667 070 072

1 Response
[…] As compañeiras da Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra convidannos a participar desta actividade gratuíta, que desenvolverán en liña, destinada principalmente ás familias pero aberta a toda aquela persoa interesada que desexe participar. Aquí podedes atopar máis información https://www.anpasgalegas.gal/…/mais-ca-un-conto-os-tca…/ […]