ENQUISA DO RURAL – Por un plan educativo específico para o rural
A Confederación ANPAS GALEGAS quere coñecer de primeira man o punto de vista das familias dos nenos e nenas do rural galego sobre o ensino, coa intención de elaborar un conxunto de propostas que sexan as bases para demandar un plan educativo específico para o rural.
Vós sodes quen coñecedes o día a día e a realidade destas escolas e os que podedes contarnos, non só como son os cousas, senón tamén como pensades que deberan ser.
Se tedes varios fillos/as cursando educación infantil, primaria ou secundaria, cubride, por favor, un formulario por cada un/ha deles.
Grazas pola vosa colaboración
Os datos recollidos utilizaranse no ámbito do traballo desta Confederación, e poderán ser cedidos a outras entidades que traballen a prol do Ensino público galego.
O cuestionario está elaborado de conformidade co RGPD (artigo 13 do Regulamento de la UE 2016/679 (RGPD) e Ley Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais. Toda a información será tratada con total confidencialidade.
Aquí tedes a ligazón para cubrila: https://forms.gle/Zz61nfi4sJMJYif5A