FORO: A CONTORNA NA EDUCACIÓN
Que é o rural galego ?, que o distingue e significa?, cal é a suma de razóns que o converten nun lugar diferente, nunha ollada peculiar, nunha vivencia específica?.
Falarmos de contorna ao implicar ao rural semella un canto pastoral, unha referencia á natureza e ao medio; máis non é ese o significado único, nin sequera o maioritario, que lle queremos dar dende ANPAS GALEGAS e dende a ollada educativa. O que nós pretendemos é ligar ás persoas e ao lugar coa cultura, co pensamento, coa natureza tamén, coa tradición, coas posibilidades reais, coas diferenzas específicas -físicas e medioambientais-.
Educar onde estamos e vivimos, para poder vivir onde nos educaron. E para iso non abonda co que fagamos as familias precisamos o apoio da comunidade educativa, por iso preguntámonos canto podemos personalizar a formación que reciban as nosas fillas e fillos, en diferentes campos:
- Localización na contorna: onde estamos, cales son os trazos distintivos da historia, da evolución e da cultura deste lugar, canto nos condiciona sermos e estarmos aquí, que nos aprende este lugar e cal é o xeito de vivilo.
- Formación específica do profesorado:
- Obxectiva: Coñecemento, utilización e aprendizaxe dos recursos do medio
- Subxectiva: Aprendizaxe no traballo con grupos pequenos ou agrupacións.
- Modelo educativo diferenciado, personalizado ao grupo social que atopemos, educar dende o íntimo ao xenérico.
PONENTES:
- José Manuel Roca : Instituto de Estudos Chairegos
- Daniel López Muñoz, sociólogo
- Antón Costa: Facultad de Ciencias da Educación de Compostela
- Mariló Canedo: Facultad de Ciencias da Educación de Coruña
Venres 7 de maio ás 18.00 horas
Conectarse a través deste enlace
https://fanpacompostela.my.webex.com/fanpacompostela.my/j.php?MTID=m706cedf7e4f10cac4378f367339ccff2