FORO POTENCIALIDADES DO RURAL
O rural non é estático, non debe selo; tamén ese é un dos riscos do discurso, o de pretender defender unha realidade codificada e paralizada no tempo. O que queremos é que o rural evolucione sabendo de seu, e utilizando o mellor que ten agora mesmo para desenvolver un rural novo permanente e sustentábel.
Por iso queremos por enriba da mesa o mellor que temos:
- Excelencia do ensino: o resultado das dotacións actuais debe utilizarse para a excelencia, non para a excelencia parva dos resultados excepcionais en ranquins absurdos, nin para falar de plurilingüismos ou leiras de coñecemento específicas, falamos da excelencia de conseguir que o alumnado saia da escola tendo unha mellor e máis completa preparación para a vida global. Iso pódese conseguir mellor nun ambiente tan singular e acaído como é o rural: pouco alumnado, integración no medio, especial implicación coas familias, dotacións amplas e doadamente completábeis.
- Formación do profesorado : non é o mesmo darlle clases a unha aula de 25 crianzas que a unha aula de dez con nenas-os de tres cursos distintos. O profesorado ten que estar formado nesa diferenza, pero tamén ten que ser ambicioso cos resultados. Queremos un profesorado que non só coñeza o xeito de traballar no contexto rural, senón que mesmo saiba aproveitar con beneficio esa peculiar circunstancia.
- Despoboamento- poboación reducida: sermos poucos é sermos escolleitos. Os grupos reducidos non poden vivirse como a finalización dun proceso demográfico irreversíbel, senón como unha oportunidade para asentar as bases dun repoboamento consciente. Agora mesmo hai que tirar opcións do feito de termos clases de poucas nenas e nenos, aproveitar a vantaxe de lles poder dedicar máis tempo, de poder exercer unha atención máis personalizada.
- Posibilidades de mellora económica e social:
- Outra política agraria
- Medio ambiente e xestión forestal
- Xestión de comunidades (deseño para a xuventude).
- Centros de formación vinculados ao territorio
PONENTES:
Verónica Marcos: Fademur Galicia
Xabier Bruña: Enxeñeiro técnico forestal
Mar Pérez Fra: doutora en ciencias económicas
Antonio R. corbal: CDR O Viso
Mércores 12 de maio ás 18.00 horas
Enlace para conectarse:
https://fanpacompostela.my.webex.com/fanpacompostela.my/j.php?MTID=m09b4561e50af7b2c7d3a6aa1b89f9fee