1ª XUNTANZA PRESENCIAL POST-PANDEMIA
Primeira xuntanza presencial post-pandemia da xunta directiva de Anpas Galegas. Falamos deste curso atípico e complicado, da necesidade de forzar o diálogo coa administración educativa para conseguir un calendario escolar diferente, que realmente recolla as aspiracións das familias galegas”, da importancia de defender o ensino público frente ao concertado, e da necesidade das anpas en todas as etapas educativas nomeadamente na etapa de secundaria, na que é máis necesaria que nunca a participación das familias na vida dos centros escolares que a imparten.