ANPAS Galegas participou na VII Xornada de Innovación Educativa Rural da USC
ANPAS Galegas participou nesta xornada para expoñer a situación do ensino rural e falar da necesidade dun Plan Educativo Específico. Nalgún momento os nosos representantes políticos terán que sentarse a resolver isto!
Este encontro celebrouse onte, 19 de abril, en xornada de mañá e tarde no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida, na USC. O seu obxectivo é achegar ao alumnado experiencias de innovación educativa que se dan dende a práctica de profesionais da educación e outros axentes educativos.