15 de maio, día internacional das familias
Hai poucos conceptos máis perversamente utilizados ao longo da historia que o de familia, por iso cando se reivindica hai que escoitar a quen o fai para saber que é o que está defendendo, e se acaso manter a crítica para todo o que supoña limitación e dominio dentro desa pequena comunidade que é calquera familia.
Para nós a familia é aquilo que creamos voluntariamente na intención de compartir o cariño e o coidado entre os seus membros, en igualdade, con respecto, e incluíndo toda a diversidade que cada unha das súas partes traia de seu para enriquecer ao grupo. Sempre que haxa un grupo de persoas que se apoien e queiran compartir a súa vida haberá unha familia, e dentro dela medrará a súa xente.
De veras que é un concepto tan amplo? Si, tan amplo como poida selo o cariño das persoas, sen límite, porque non o necesita e nada lle achega. E hai moitos tipos: recomendámosvos a lectura da nosa guía de diversidade familiar.