2 de maio, día mundial contra o acoso escolar
O acoso escolar é un dos fracasos sociais máis visibeis na nosa sociedade. Porque é un comportamente de abuso entre iguais que non se reduce, mesmo medra, mentres o discurso social di pretender outra cousa, e mentres as cifras formais minten sistematicamente tentando ocultar a realidade.
O fracaso é das adultas que mal educamos ao alumnado maltratador, de calquera que diga “son cousas de nenos”, do profesorado que mira para outro lado, das direccións que non abren o protocolo de acoso porque dá moito traballo, de todas as persoas que consideran que é unha conduta temporal nas persoas, de cada quen que pense que é “normal”.
Haberá acoso mentres non haxa conciencia de que ninguén debe ser acosada, e mentres manteñamos estas estruturas de poder cheas de preguiza e atraso, por suposto