Ciclo de charlas de igualdade: “Rachando estereotipos, cara a unhas masculinidades agarimosas”
Desde ANPAS Galegas promovemos un novo ciclo de charlas dirixidas a familias baixo o título RACHANDO ESTEREOTIPOS: CARA A UNHAS MASCULINIDADES AGARIMOSAS.
Nestas charlas afondarase nos contidos publicados na Guía de Igualdade deste ano (e que se pode consultar aquí) creadas da man da cooperativa sen ánimo de lucro Rexenerando. Estade atentas á información de cada Federación, que vos dirá onde serán en cada caso
Charlas presenciais sobre igualdade
- En colaboración coa FANPA Compostela: Compostela, luns 7 de novembro ás 18:00h
- En colaboración con FEDANPAS: Carballo, xoves 10 de novembro ás 18:00h
- En colaboración coa FEANPAs Ferrolterra: Narón, venres 11 de novembro ás 18:00h
- En colaboración con A GAMELIÑA: Cangas, mércores 23 de novembro ás 19:00h
- En colaboración con FAVALMI: Gondomar, xoves 24 de novembro ás 18:00h
Charlas en liña sobre igualdade
- En colaboración coa FAPACEL: luns 14 de novembro ás 18:00h
Acceso a través desta ligazón: https://us02web.zoom.us/j/83211411749#success
- En colaboración con FOANPAS: xoves 17 de novembro ás 18:00h
Acceso a través desta ligazón: https://us02web.zoom.us/j/83958534269#success
Actividade sobre igualdade subvencionada
Esta iniciativa conta con axudas dirixidas ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia coa finalidade de potenciar a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. (Secretaría Xeral de Igualdade. Operación cofinanciada con Fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero).