Ciclo de formación en liña para ANPAS
Iniciamos outro ciclo formativo en liña en ANPAS GALEGAS. Nos meses de novembro e decembro de 2022 organizaremos reunións semanais informativas, nas que falaremos da parte máis aburrida -pero absolutamente imprescindíbel- das ANPA: quen pode ser socia, como hai que facer unha convocatoria e unha acta, que limites fiscais ten a nosa actividade, que seguros temos que contratar ou como funcionan os consellos escolares.
Todas van ser en liña, porque agora xa aprendemos a utilizar esas ferramentas, e porque así podemos chegar a máis xente, e pode participar quen o desexe.
Cales serán os contidos?
- 8 de novembro, martes, 18:00, Consellos escolares.
- 15 de novembro, martes, 18:00, Libros de socias.
- 22 de novembro, martes, 18:00, Libros de actas.
- 29 de novembro, martes, 18:00, Tesouraría e Fiscalidade.
- 30 de novembro, mércores, 18:30, Protección de datos.
- 13 de decembro, martes, 18:00, Seguros obrigatorios e necesarios
- 20 de decembro, martes, 18:00, Normativa de Convivencia.
Como se estructura cada sesión?
A estrutura das reunións é moi sinxela: falaremos un anaco do tema que nos ocupe en cada día, e logo deixaremos toda a marxe posíbel para a participación, o plantexamento de preguntas, e a resolución de dúbidas entre todas. A nosa intención é que falemos, mesmo que discrepemos se é necesario, porque da discrepancia sempre sae un maior coñecemento.
Canto dura unha sesión?
Estaremos entre unha hora e media e dúas horas, dependendo das gañas que teñades de falar e preguntar.
Quen pode participar?
Poden participar todas as persoas do mundo das ANPA que estean interesada. Tanto ten que pertenzan ou non á nosa organización, serán benvidas igualmente, e alegrarémonos da súa presenza e invitarémolas a xuntarse ao noso proxecto.
A todas as participantes háselle facilitar a documentación escrita do que alí se expoña, para que poida ser consultada por elas sempre que o desexen.
Inscricións
Para inscribirse tan só haberá que cubrir o formulario https://bit.ly/formanpasgalegas. O día previo a cada sesión enviarase por email ás persoas inscritas a ligazón de acceso á sesión correspondente.
Saber como hai que facer as cousas simplifica enormemente o traballo dunha asociación, e permite dedicar o pouco tempo que temos ás cousas realmente importantes; por iso formarse é un tempo ben gastado, animádevos a asistir.