Día Mundial da Poesía
Hoxe imos lembrar a Salvador García Bodaño, cuxo pasamento lamentamos hai uns poucos días, lembrámolo cuns poucos versos de seu do seu “Tempo de Compostela“.
Compostela é unha rúa longa
na memoria
onde vagan os nomes
e as horas
que cada quen recorda…
Lembrándoo a el, lembramos tamén a todas aquelas que describiron a vida en versos diversos, en cancións diferentes, en frases de fortuna que nos describen e debuxan.
A poesía é a palabra ao servizo de cada quen de nós. Só hai que collela e gozala.