Saúde mental na adolescencia, parémonos a pensar!
Emoción de tristura e rabia a que nos produce esta nova. Tristura de ver como se incrementan os casos de suicidios en menores. Tristura de ver como un alumno nos “fai ver as carencias da educación en España”. Tristura de ver como a sociedade en xeral – docentes, familias, compañeiras/os – consideramos “tonterías” o que veñen sendo sinais de alerta. Tristura de ver como as familias nos esquecemos que algún día tamén fomos adolescentes. Tristura de ver como buscamos culpábeis.
Pensemos e reflexionemos que o que consideramos “tonterías” nun neno-a/adolescente son problemas grandes para o seu “mundo pequeno”. Que antes de ser nais e pais tamén pasamos pola adolescencia onde non tivemos os mesmos problemas pero si parecidos. Que faltan medios, si. Que o profesorado non ten capacidade para solucionar todo, é certo. Pero observar, escoitar, falar, comprender respectar, empatizar, , ….. son pequenas cousas que, si lle adicamos un mínimo de tempo, tanto nas aulas, nos fogares ou nos grupos de amizades non ten custo e pode axudar moito.
Como sociedade, parémonos a pensar no que non estamos a facer en lugar de buscar culpábeis.
Pódese consultar aquí o artigo de opinión orixinal de Santi Vilas: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2023/02/28/adolescentes-berrinche-enfermedad-mental/0003_202302G28P12993.htm