Día das Artes Galegas
Non hai pobo sen cultura, e non hai cultura sen representación artística, pero faríamos mal se pensaramos que a expresión artística ten que estar enmarcada, editada ou riba dunha peana; expresión artística é toda a creatividade da que un pobo poida dar mostras, e nós non imos ser a excepción a esa simple regra.
Por iso, imos aproveitar este día para denunciar o desleixo desa creatividade no mundo educativo, a súa localización en espazos concretos, sen permitirlle participar de todo o saber, tal e como debera; o seu abandono a unhas poucas horas lectivas “menores” nos programas educativos, ou o seu abandono institucional cando falamos da modernización de aprendizaxes e espazos destinados ás súas expresións máis elaboradas.
As artes son a vida, porque a vida sen arte non existe en ningures, que tal se lle facemos algo de caso?