Día Mundial das Nenas nas TIC
Hai quen pensa que xa chegamos ao momento no que cada quen pode facer o que lle pete, non hai trabas legais, non hai -queremos pensar- trabas sociais, hai un discurso oficial rotundo, e aínda así temos os resultados que temos. As nenas non están presentes nas TIC na mesma, ou similar, porcentaxe ca os homes.
Temos moito que traballar aínda para que as nenas pensen que todo o mundo é o seu campo de acción, que calquera escolla está ao seu alcance, que todas as opcións están tamén para elas. E ese traballo é de todas, certamente, sobre todo das casas, das familias, das nais e pais; pero tamén da escola, tamén aí ten un papel que non se pode rexeitar. Non é só igualdade, é afouteza, é forza, é un discurso positivo constante: non hai ningunha razón para que non o fagas, este campo tamén é voso!!