Presentación do Plan Específico para o Rural en Mazaricos o sábado 6 de maio
ANPAS Galegas ten o pracer de convocar a Xornada “Por que demandamos un Plan Específico para o Rural”, que terá lugar o vindeiro sábado 6 de maio na Picota, no concello coruñés de Mazaricos. O obxectivo desta xornada é deter a desaparición do rural galego e construír un futuro sostible para as persoas que o habitan e aquelas que o desexen habitar no futuro.
Nesta xornada debateranse cuestións clave sobre o futuro do rural galego e se presentará un documento no que se evidencia a necesidade de contar cun plan específico para abordar estes retos. É hora de pasar das palabras aos feitos e traballar xuntos para construír un futuro sostible para o rural galego.
PROGRAMA
10:00 – Benvida
10:15 – Presentación do documento por un Plan Educativo Específico para o Rural
12:00 – Rolda de intervencións
12:30 – Café
13:00 – Mesa redonda: “Apostando por un rural viable, sostible e integrador”
14:00 – Xantar
17:30 – Representación teatral “SERÁN”, a cargo do grupo amateur interxeracional de Mazaricos.
INSCRICIÓNS
Animámosvos a participar nesta xornada inscribíndovos ata o mércores 3 de maio en https://forms.gle/SKqEJKWWa4vYjwST8