Ciclo de formación en liña para ANPAS
Iniciamos un novo ciclo formativo en liña en ANPAS GALEGAS. Nos meses de maio e xuño de 2023, convocamos ás persoas interesadas a participar nestas reunións informativas en liña, nas que falaremos da parte máis aburrida -pero absolutamente imprescindíbel- das ANPA: quen pode ser socia, como hai que facer unha convocatoria e unha acta, que limites fiscais ten a nosa actividade…
Cales serán os contidos?
- 15 de maio, luns, 18:00, Libros de socias.
- 31 de maio, mércores, 18:30, Libros de actas.
- 12 de xuño, luns, 18:00, Tesouraría e Fiscalidade.
Como se estructura cada sesión?
A estrutura das reunións é moi sinxela: falaremos un anaco do tema que nos ocupe en cada día, e logo deixaremos toda a marxe posíbel para a participación, o plantexamento de preguntas, e a resolución de dúbidas entre todas. A nosa intención é que falemos, mesmo que discrepemos se é necesario, porque da discrepancia sempre sae un maior coñecemento.
Canto dura unha sesión?
Estaremos entre unha hora e media e dúas horas, dependendo das gañas que teñades de falar e preguntar.
Quen pode participar?
Poden participar todas as persoas do mundo das ANPA que estean interesada. Tanto ten que pertenzan ou non á nosa organización, serán benvidas igualmente, e alegrarémonos da súa presenza e invitarémolas a xuntarse ao noso proxecto.
A todas as participantes háselle facilitar a documentación escrita do que alí se expoña, para que poida ser consultada por elas sempre que o desexen.
Inscricións
Para inscribirse tan só haberá que cubrir o formulario https://bit.ly/Formacionanpas. O día previo a cada sesión enviarase por email ás persoas inscritas a ligazón de acceso á sesión correspondente.
Saber como hai que facer as cousas simplifica enormemente o traballo dunha asociación, e permite dedicar o pouco tempo que temos ás cousas realmente importantes; por iso formarse é un tempo ben gastado, animádevos a asistir.