Xornada sobre o plan educativo no rural en Redondela (14 de xuño 2023)
Continuamos a espallar a necesidade de que o rural conte cun plan educativo de seu. A próxima cita será no Centro Socio Cultural Recreativo de Cabeiro (Redondela) o vindeiro mércores 14 de xuño pola tarde.
O acto estará presentado por Fernando Lacaci e Isabel Calvete, presidente e vicepresidenta da Confederación ANPAS Galegas.
PROGRAMA
18:30 – Presentación do documento por un Plan Educativo Específico para o Rural
19:45 – Charla: “Patrimonio material e inmaterial na contorna de Vilar e Cabeiro” (por Xosé Couñago)
20:15 – Actuación de peche polo gaiteiro Jandro Barciela. A xornada contará ao final cun refrixerio.