Campaña de apoio ás ANPAS de centros que loitan contra os recortes
Dende ANPAS Galegas comezamos unha campaña de apoio ás ANPAS de centros que teñen que loitar contra os recortes.
Convocatorias de concentracións contra os recortes
A raíz dos recortes no colexio Ricardo Gasset do Incio (a prensa xa se fixo eco neste artigo) e no CEIP de Pobra de Brollón, FAPACEL convocou unha concentración para o vindeiro xoves 20 de xullo de 2023 está prevista unha concentración ás 11.30 h diante do Multiusos da Xunta en Lugo, por si vos queredes sumar.
A Federación de ANPAS da Coruña – Costa da Morte tamén realizou unha convocatoria de concentración en Carballo para o mesmo xoves 20, ás 11:20 horas, diante do concello.
Centros afectados polos recortes educativos.
Iremos engadindo aquí todos aqueles colexios e institutos dos que teñamos constancia que están a loitar contra os recortes:
- CEIP OS MUÍÑOS (MUXÍA)
- CEIP SAN LUIS ROMERO (CARBALLO)
- IES AGRA DE LEBORÍS (A LARACHA)
- CEIP OTERO PEDRAYO (A LARACHA)
- CEIP DE POBRA DE BROLLÓN (LUGO)
- CEIP RICARDO GASSET (O INCIO)
Apoia a campaña nas redes sociais
Precisamos que compartades nas vosas redes este cartaz (ou outro de elaboración propia no que digades que vós tamén ESTADES FARTAS DOS RECORTES EN EDUCACIÓN), empregando os hashtag:
#fartasdosrecortes #planeducativoespecificoparaorural #ensinopublicodecalidade #nonrecorteseducacion #anpasgalegas #somosrural