As charlas sobre a guía do Botrato chegan ao seu ecuador
Desde o pasado 16 de outubro, as diferentes federacións que conforman ANPAS Galegas están a acoller unha serie de charlas sobre a GUÍA SOBRE BO TRATO que elaboramos para este curso 2023-2024 (Podedes descargala aquí: Guías de Igualdade).
A primeira charla tivo lugar na Federación de ANPAS Redondela o 16 de outubro, e o martes 17 foi o turno da Federación Provincial de ANPAS da Coruña – Costa da Morte.
Continuou o ciclo de charlas sobre o Botrato en FANPO, o día 20 de outubro. A Federación de ANPAS de centros públicos de Ferrolterra tamén acolleu unha das charlas deste programa o pasado martes 24 de outubro.