Comezan as charlas sobre o BOTRATO
Dende ANPAS GALEGAS e as distintas Federacións que a conformamos, estamos preparando unha serie de charlas sobre a GUÍA SOBRE BO TRATO que elaboramos para este curso 2023-2024 (Podedes descargala aquí: Guías de Igualdade)
¿E que é o “botrato“? 🤔 É un concepto que queremos desenvolver e comprender máis na nosa sociedade. Ás veces, non prestamos abonda atención ao tratamento que damos ás crianzas, ás persoas con dificultades ou ás maiores. Soe acontecer que confundimos coidado coa condescendencia, e iso é algo que queremos mudar.
Especialmente estamos preocupadas polo que dicimos e como tratamos ás crianzas. Non nos decatamos abondo de que as palabras que lles dicimos poden ter consecuencias profundas. Na nosa guía, contamos o que significa non recibir un bo trato a diario, particularmente de quen debería proporcionarlo.
Convidámosvos a participar nestas charlas. Son abertas a todas as persoas que desexen achegarse, compartir e aprender xuntas.
PROGRAMA DE CHARLAS SOBRE O BOTRATO
- 16 outubro 18.30h. Federación de ANPAS Redondela
- 17 outubro 19.00 h FEDANPAS
- 20 de outubro 18.30 FANPO
- 24 outubro 19.00 FEANPAS Ferrolterra
- 25 outubro 17.30 FANPA Compostela
- 27 outubro 18.00 FAVALMI
- 30 outubro 18.00 FAPACEL
- Novembro A GAMELIÑA