Día Mundial da Nena
Semella que non, pero é cada vez máis importante repetir que non hai nada conseguido, que os logros en igualdade son febles e teñen perseguidores máis fortes do que nos gustaría aceptar. Hoxe é o día da nena, o día no que repetimos novamente que todas as diferenzas que poidamos atopar son só para medrar en respecto, en beneficio mutuo, en aprezo polas outras. A igualdade só se consegue practicándoa cada día, tamén hoxe, tamén sempre.
Desde a Confederación ANPAS Galegas traballamos día a día para construír un futuro onde cada nena poida acadar os seus soños, cos apoios que precise e sen fronteiras.