Xuntanza co PSdeG no Parlamento
Iniciamos este xoves 16 de novembro, nunha xuntanza co PSdG no Parlamento, unha rolda de presentación da nova directiva da nosa Confederación.
Falaremos da situación actual do ensino público, e trasladaremos a nosa visión, e as propostas e demandas das nais e pais galegas.
Renovámonos para continuar na mesma loita, e co mesmo obxectivo, mellorar o futuro de todas as crianzas galegas.