Día das Persoas con Discapacidade
No Día Internacional das Persoas con Discapacidade, reafirmamos o noso compromiso para acadar un ensino accesible e inclusivo para todas.
Resulta imprescindible realizar un esforzo colectivo para eliminar barreiras e garantir que cada estudante, independentemente das súas capacidades, teña igualdade de oportunidades no ensino público galego.