Gran acollida das charlas sobre o BOTRATO
Desde o pasado 16 de outubro, as diferentes federacións que conforman ANPAS Galegas acolleron unha serie de charlas sobre a GUÍA SOBRE BO TRATO que elaboramos para este curso 2023-2024.
A Federación de ANPAS Compostela acolleu a charla o pasado día 25 de outubro.
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Charla-BOTRATO-Anpas-Galegas-FANPA-COMPOSTELA-1600x900.jpg)
Pola súa parte, o 27 de outubro foi o turno de FAVALMI.
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Charla-BOTRATO-Anpas-Galegas-FAVALMI-1600x900.jpg)
FAPACEL realizou a charla o 30 de outubro.
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Charla-BOTRATO-Anpas-Galegas-FAPACEL-01-1600x900.jpg)
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Charla-BOTRATO-Anpas-Galegas-FAPACEL-02-1600x900.jpg)
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/11/Charla-BOTRATO-Anpas-Galegas-FAPACEL-03-1600x900.jpg)
Por último, a Federación de centros públicos de Cangas “A Gameliña” acolleu a derradeira charla sobre o BOTRATO o 28 de novembro no CEIP de San Roque.
![](https://www.anpasgalegas.gal/wp-content/uploads/2023/12/Federacion-de-centros-publicos-de-cangas-A-Gamelina-anpas-galegas-charla-botrato-281123-1600x900.jpg)
Coa satisfacción de compartir coñecemento e experiencias, pechamos esta serie de charlas sobre o BOTRATRO, organizadas por ANPAS GALEGAS e as federacións que a conforman. Con esta iniciativa, buscamos reflexionar sobre o significado deste concepto na nosa sociedade e sobre a importancia de prestar atención ao trato que dispensamos ás crianzas, ás persoas con dificultades e aos maiores.
Cada palabra, cada xesto, ten un impacto profundo na vida dos que nos rodean. Animamos a todas as persoas interesadas a consultar aquí a Guía sobre o Botrato.
O noso agradecemento a todas as persoas que se achegaron ás charlas para compartir e aprender xuntas. O cambio comeza coa comprensión e a acción colectiva. Grazas por ser parte desta valiosa iniciativa!